Carreira de sacos

Proba de 200 metros por relevos con 4 participantes. Cada un percorre 50 m e entrega o saco na zona marcada. O saco debe suxeitarse coas mans por riba da cintura. Non se pode empurrar aos rivais.
Cintas

Cada participante debe facer un percorrido de 80 metros atrapando cintas colgadas en 4 estruturas ao longo do camiño. As cintas están enroladas nun cilindro e atadas a unha arandela; hai que introducir un punteiro na arandela para liberar a cinta.
Zancos

A proba consiste nunha carreira usando zancos da mesma altura para todos os participantes. Hai dous percorridos: un de 60 metros sen obstáculos e outro de 40 metros con troncos e unha rampla.
Cucaña

Os participantes deben escalar un pau circular de ata 5 metros de altura para tocar unha campá situada no alto. Fanse quendas cronometradas e gaña o equipo que consiga chegar á cima no menor tempo posible.