Cesto vai!

Cada equipo estará formado por varias persoas que deberán completar un percorrido establecido realizando relevos transportando un cesto colocado sobre a cabeza. O cesto conterá alimentos ou outros elementos similares e deberá manterse sobre a cabeza durante todo o traxecto. Se o cesto cae, a persoa participante deberá recolocalo antes de continuar. Gañará o equipo que complete o percorrido no menor tempo posible.
Carretilla

O porteador corre 100 metros cargando a outra persoas facendo a carretilla, cambiando de «carretilla» en 5 zonas de relevo cada 20 metros. Os que rematan o tramo quedan tumbados ata que todos acaben. O porteador debe suxeitar os pés da carretilla, e non pode saír da zona de relevo ata que o compañeiro estea tumbado.
A chave

A Chave é un xogo tradicional onde se lanzan discos metálicos para facer xirar unha peza chamada «a chave». Xógase a 8 metros de distancia, sen pasar a liña de lanzamento. Os discos non poden tocar o chan antes de golpear, pero si o armazón. Cada xogador ten 5 tiradas, e só puntúan as que fagan xirar a chave, aínda que sexa un chisco.
Carreira de lazos

5 participantes corren uns 500 metros cos pés atados por lazos aos dos compañeiros, sen poder soltarse. Os do medio van atados por ambos os pés e os dos extremos por un só. Se se solta un lazo, teñen que parar e volver atalo, sumándose 15 segundos de penalización cada vez. Gaña quen chegue primeiro sen erros.
A piola

Equipos de 5 homes e 5 mulleres cruzan un campo de fútbol saltando por riba dos seus compañeiros agachados. Cada xogador agáchase formando unha fila e o seguinte salta por riba de todos os anteriores e ponse ao seu lado agachado. Cando o décimo salta, o primerio levántase e volve empezar. Gaña quen completa o percorrido no menor tempo.
Billarda

O xogador, nun campo de 25 por 60 metros, debe facer saltar a billarda cun pau e golpeala no aire para que chegue o máis lonxe posible. Pode axudarse doutra billarda para levantala do chan. O tiro será válido só se se golpea primeiro no chan e despois no aire, sen saírse do campo. Cada xogaor ten 3 intentos e conta a mellor marca. Se se lle dá ao chan sen tocar a billarda, non conta como tiro.
Silliña da raíña

Proba na que 3 participantes (2 levan e 12 vai sentada como «raiña») fan un percorrido con obstáculos e unha busca do tesouro nunha piscina (onde só entra a raíña). Outros 2 compañeiros axudan nunha proba. Gaña quen complete o percorrido no menor tempo total.
Lanzamento de adoquín

Consiste en lanzar un adoquín co brazo o máis lexos posible, mirando de fronte, desde dentro dun círculo. Se se pisa ou se sae del, ou se o adoquín toca as paredes laterais, o lanzamento é nulo. Cada participante ten dous intentos e conta o mellor tiro.
Tiro de corda

Dous equipo de 10 participantes tiran dunha corda de 25 metros. Comeza co sinal dun asubío e remate cando o pano do centro da corda cruza a liña do terreo dun dos equipos. Gaña quen o consiga.
Comba

Participan 8 persoas: 2 dan á comba e 6 saltan. Os 6 saltadores deben entrar un a un en cada volta; ao entrar o último e facer o primeiro salto, comezan a contarse os saltos durante un máximo de 5 minutos, Gaña o equipo con máis saltos; en caso de empate, decide o tempo. Teñen 3 intentos para que entren todos; se non o logran, conta o mellor intento.